Integrantes do lima limón

Integrantes do lima limón
Integrantes do lima limón:

martes, 5 de mayo de 2015

miércoles, 22 de abril de 2015

22 de Abril do 2015


No día de hoxe, 22 de Abril fixemos certas melloras na imaxe do blog ; insertamos un reloxo, insertamos música etc...

Subimos a imaxe e o enlace do noso poster do proxecto de alimentación chamado Alimentolandia. Xunto coas imaxes das actividades interactivas propostas polo noso grupo feitas mediante notebook,edilim,jclick.Realizamos os comentarios dos blogs dos compañeiros,como podemos observar no blog.
Ademais de comentar a pelicula de Ratatouille ,o vídeo de nutrición infantil, o programa televisivo de cocina con clan e a viñeta que representa a nosa ainda no blog. Todo isto poderedelo ver nas entradas que subiremos nos próximos días tanto no blog como en sites.

    

miércoles, 15 de abril de 2015

15 de Abril de 2015

No día de hoxe, finalizamos a Webquest, subimos o póster de Alimentolandia, analizamos a serie de Cocinando con Clan e buscamos a viñeta que resumira o noso traballo nesta asignatura ao longo do cuatrimestre.


 Para facernos pensar sobre as metodoloxías educativas actuais deixamos esta imaxe de Frato : 

Actividades




El Sandi-Puzzle (EDILIM)





La cesta saludable (EDILIM)





We eat healthily (EDILIM)






Piramide alimenticia (NOTEBOOK)




Webquest

https://sites.google.com/site/webquestalimentacionlima/home

Sites (alimentación)

https://sites.google.com/site/limaylimon4/

O noso blog

É un blog diferente á maioría, xa que tratamos de que se aprenda dunha forma divertida interactuando coas novas tecnoloxías.

Valoracións dos blogs

B1-G.1

O blog está moi ben organizado.

B1-G.2

Moi ben coidados todos os detalles.

B1-G.3

Entretido e creativo.

B1-G.5

Puro amor polo planeta.

B1-G.6

Incompleto.

B2-G.1

Moi alegre.

B2-G.2

Ben traballado e organizado.

B3-G.1

Estruturado correctamente.

B3-G.2

Gracioso e ocurrente.

B3-G.3

Moi interesante.

B3-G.4

Cun enfoque diferente á vez que actual.

B3-G.5

Pura diversión (sobre todo para os nenos).

B4-G.1

Ben traballados todos os apartados.

B4-G.2

Estéticamente moi bo.

B4-G.3

Perfecto para os amantes do deporte.

B4-G.4

Un blog con moito ritmo.

Póster






Aquí vos deixamos o enlace do póster sobre o noso proxecto de alimentación:

https://sites.google.com/site/limaylimon4/4--recursos (facer click no pdf de Alimentolandia)

miércoles, 8 de abril de 2015

8 de Abril del 2015

No día de hoxe, estivemos arreglando as actividades de edilim e noteboock , para despois podelas situar no Póster que estamos realizando.
Ademáis, buscamos un vídeo e unha película relacionado co noso tema do traballo que é a alimentación e estamos rematando de realizar o Póster.
Finalmente, creamos a webquest e proximamente poñeremos o link.

Resultado de imagen de reflexion de alimentacion

Deixamos esta imaxe para que reflexionedes. Ata a semana que ven!

miércoles, 25 de marzo de 2015

25 de Marzo de 2015

No día de hoxe, estivemos realizando con diferentes programas educativos actividades relacionadas coa temática do noso proxecto de maneira interactiva para que os nenos aprendan ao mesmo tempo que se entreteñen (Smart Notebook, Edilim...). Os xogos xa están subidos na nosa páxina de Sites e neste blog.

Saúdos.

Actividad Edilim

Aqui tenemos el link de un ejemplo de Edilim:

https://www.dropbox.com/s/x8aijm1a0aczs0q/Pantalla%20imprimida%20EdiLin.docx?dl=0

jueves, 19 de marzo de 2015

18 de Marzo de 2015

Por uns problemas tecnicos non pudimos subir a publicación. Onte abrimos unha conta Sites na que puxemos unha introdución-xustificación, a nosa proposta didáctica e as actividades que imos realizar, as cales remataremos o longo da seman.

Aqui vos deixamos o enlace do noso novo Sites:

jueves, 12 de marzo de 2015

Aquí o noso traballo...

ÍNDICE :

1. Xustificación
2. Contexto
3. Desenvolvemento e integración curricular
4. Avaliación do proceso de ensinanza
5.Bibliografía

1.Xustificación

A ALIMENTACIÓN

  • Bloque 2: O ser humano e a saúde. 3º de Primaria. Dentro do área de ciencias da natureza.

O noso grupo de traballo, escollemos como tema a tratar a alimentación e a vida saudable máis concretamente, no curso de terceiro de primaria, tema que se enmarca dentro do área de ciencias da natureza.  Grazas a este tema, presente no curriculum de primaria, podemos imos desenvolver os obxectivos presente no mesmo. O obxectivo que pretendemos conseguir con este tema ,é que o noso alumnado aprenda a, identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso deseñando protocolos para a súa prevención.

Mediante a alimentación  o alumnado aprenderá a desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabili­dade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor. Ademais adquirirán as habilidades necesarias para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos.
Grazas aos exercicios que se farán en diversos idiomas,  poderán  adquirir en varias linguas estranxeiras a competencia comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás
Todo isto tendo en conta a utilización das novas tecnoloxías para a aprendizaxe.

Decantámonos por este xa que nos parece un tema moi interesante e con relación ao noso futuro profesional á hora de ser mestres polo feito de que os nenos deben acudir á escola ben alimentados, o que implica un bo rendemento escolar. Por iso, realizar actividades e clases onde o tema principal sexa a alimentación debería ser unha prioridade e dárselle mais importancia, onde os mestres lle deben inculcar aos nenos hábitos saudables sobre todo a través de clases prácticas.

2. Contexto


Ilunova é un centro público ,situado na bisbarra de Pontevedra, moi próximo ao Campus Universitario de Pontevedra e a pouca distancia entre a cidade e o campo. Nel acóllense a todo tipo de nenos comprendidos na idade de seis a doce anos. Consiste nun centro aconfesional e aberto diversas culturas que realiza pedagoxías innovadoras ou alternativas.

A nosa función non é menos que a de formar cidadáns críticos e conscientes, xa que o futuro da nosa sociedade está nas nosas mans e nas pequenas mentes que acollemos no noso colexio. Por iso, mostramos noso fiel compromiso e esperanza na educación e cos alumnos que día día "emprenden unha nova viaxe" no noso centro.

O Proxecto Educativo de Centro (PEC), elabórase para servir de documento de comunicación entre todos os membros da comunidade educativa: profesores, pais e alumnos.
O PEC reflicte a realidade do noso centro a través dos seus sinais de identidade. É tamén a peza fundamental a cal permite un óptimo funcionamento a todo o conxunto da comunidade educativa.

3. Desenvolvemento e integración curricular

3.1 Obxectivos


-Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
-Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
-Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan
-Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos.
-Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
-Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual.

3.2.Contidos:


B2.10. Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais.
B2.11. Pirámide alimentaria.
B2.12. Análise de dietas equilibradas.

3.3.Competencias Clave


– 1º. Comunicación lingüística (CCL).
– 2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
– 3º. Competencia dixital (CD).
– 4º. Aprender a aprender (CAA).
– 5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).
– 6º. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
– 7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).

3.4.Criterios e estándares de avaliación


Para valorar as actividades terase en conta: a participación de cada alumno, o seu interese e os  resultados que  demostren ao longo das diversas actividades.
O que se vai avaliar é o coñecemento do alumno dende que comeza ata que remata as actividades e o seu esforzo. Adquire moita importancia a forma na que aprenden os alumnos.
Tamén deberán acadar as competencias básicas que marca a LOE.
Máis especificamente imos identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso deseñando protocolos para a súa prevención.E avaliar a realización de un  menú equilibrado para a súa idade.
Isto se avaliará poñendo puntos positivos cada vez que unha tarefa se realice ben.






ÁREA
CIENCIAS DA NATUREZA
CURSO


OBJETIVOS
CONTENIDOS
CRITERIOS DE EVALIACIÓN
ESTÁNDARES DE APRENDIZAJE
CCCC
ACTIVIDADES


BLOQUE 2. O SER HUMANO E A SAÚDE


A
B
C
D
K
M

E






H

B2.10. Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais.
§ B2.11. Pirámide alimentaria.
 § B2.12. Análise de dietas equilibradas.


B2.2. Identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso deseñando protocolos para a súa prevención.

§ B2.3. Deseñar un menú equilibrado para a súa idade.


CNB2.3.1. Clasifica alimentos en función dos nutrientes principais.

CNB2.3.2. Diferencia entre dieta equilibrada e non equilibrada e elabora un menú saudable na escola.




CMCCT





CMCCT

CSC
CSIEE




A


B


C


D


G


K


M

B2.4. Saúde e enfermidade. B2.5. Hábitos saudables: alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso. B2.6 Factores que producen as enfermidades máis habituais: carie, obesidade, gripe, catarros... 


B2.7. Coñecemento de si mesmo/a e dos e das demais: emocións e sentimentos propios e alleos.
 B2.8. A relación cos demais. Toma de decisións. B2.9 A igualdade entre homes e mulleres.

B2.2. Identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso deseñando protocolos para a súa prevención.


CNB2.2.1 Emprega hábitos de hixiene, de exercicio e de alimentación sa na escola.


CNB2.2.2. Recoñece algúns factores causantes das enfermidades máis habituais (caries, catarros, gripe e obesidade) e aplica actuacións para á súa prevención.



CMCCT CSC




CMCCT





3.5 Metodoloxía

3.5.1 Escenario e ambiente de aprendizaxe

3.5.1.1 Recursos:

HUMANOS :
-     Profesorado
-     Alumado
-     Familiares  (que padecerá un problema de alimentación, algunha avoa ou avó que nos conten a escaseza e a fame que pasaron durante a Guerra Civil etc... )
-     Participantes externos ( un  pediatra, nutricionista, un membro dunha ONG de países en vías de desenvolvemento...)
                        -    Animais (e comida para estes ).


MATERIAIS :
-     Proxector con mando.
-     Cartolinas e cores
-     Puzzles e xogos
-     Blogs
-     Internet con( youtube, google, movie maker etc )
-     Cámaras de vídeo e de fotos
-     Patio
-     Pavillón
-     Granxa e horta ( así como os materias imprescindible para mantelas).
-     Mesas e cadeiras
-     Radiadores
-     Libros
-     Dicionarios
-     Libretos e bolígrafos.
-     Ordenadores portátiles
-     Taboleiro electrónico
-     Aula de cociña


3.5.1.2 Tempos:

Consideramos que o tempo que nos vai levar realizar as seguintes actividades . Tendo en conta que cada sesión dura entre 45 e 50 minutos. Os tempos serán flexibles en función do ritmo de traballo do alumnado.
  • Actividade 1: Creación e reflexión da pirámide de alimentos . Tempo aproximado de  1  sesións.
  • Actividade 2: Aprendizaxe das enfermidades provocadas pola mala alimentación. Tempo aproximado de 2 sesións.
  • Actividade 3: Debuxamos os alimentos . Tempo aproximado de 1 sesión.
  • Actividade 4: Disfrazámonos de alimentos. Tempo aproximado 2 sesións.
  • Actividade 5: Pirámide interactiva . Tempo aproximado 1 sesión.
  • Actividade 6: Alimentación noutros idiomas . Tempo aproximado 1 sesión.
  • Actividade 7: Cociñamos. tempo aproximado 4 sesións.
  • Actividade 8: Realizamos un menú . Tempo aproximado 30 min.
  • Actividade 9: Aprendemos co vídeo!. Tempos aproximado 35 min.

3.5.1.3. Espazos :

Unha aula grande e iluminada. Na que se podan mover as mesas, distribuír e organizar a clase en función da dinámica de aula. Ao fondo da aula un espazo de investigación con ordenadores e un espazo de “aprendemos xogando “ no que haberá puzzles, xogos de mesa ,cartolinas, cores e diversos materiais.
As mesas serán grupais mesas de 4 a 5 persoas e non se colocarán en fila senón que se pegarán formando un rectángulo para fomentar a dinámica de grupo e para evitar a clase maxistral.
Haberá un patio amplo no que poderemos realizar actividades de medio ambiente ao aire libre. Outras tantas se realizarán na horta coidada e cultivada polo propio alumnado e nunha granxa na  que teremos coellos,galiñas e un porquiño. O alumnado será tamén o encargado da organización da limpeza dos animais, das comidas destes.  E da realización por grupos de todo tipo de coidados.
Dependendo das competencias adquiridas esa semana e dos temas que se esten tratando, o escenario pode ser calquera lugar do noso entorno. Polo que se organizarán saídas para que os nenos presencien en 1ª persoa o que estudan. Por exemplo museos interactivos, saídas a praia, a montaña, a diversas cidades de Galicia etc. Subirán as súas propias imaxes e  vídeos destas saídas ao blog.




3.5.2. Principios metodolóxicos.

-Utilizaremos a aprendizaxe significativo, porque o discente une a información ou os coñecementos previos coa nova información. Por iso é importante que se estableza unha boa base de coñecementos para que non condicionen ós novos coñecementos e experiencias. Os coñecementos previos, á súa vez, modifícanse e reestruturan. É necesario que a nova información se incorpore á estrutura mental e pase a formar parte da memoria comprensiva.
-Incorporación das TIC ao mesmo tempo que se intenta que os nenos desenvolvan e potencien as súas capacidades e habilidades.
-Favorecer un clima da aula correcto, tanto na relación entre alumnos e profesor, como entre os propios alumnos.
-O enfoque globalizador dos contidos nesta etapa, de maneira que as actividades realizadas polos alumnos supoñan unha inter-relación entre as distintas áreas.
-Promover o traballo en equipo e a cooperación mediante actividades grupais.
-A axeitada selección e secuenciación dos contidos, de maneira que exista harmonía entre as metas e os medios que se utilizan para conseguilas.
-A necesidade de garantir aprendizaxes funcionais, asegurando a súa utilización por parte do alumno cando o precise, tanto na aplicación práctica do coñecemento adquirido coma na súa utilización para levar a cabo novas aprendizaxes.

3.5.3 Agrupamentos

Actividade 1: Creación e reflexión da pirámide de alimentos. A actividade realizarase en grupos pequenos para que todos participen e se involucren o máximo posible.
Actividade 2: Aprendizaxe das enfermidades provocadas pola mala alimentación. Para esta actividade é necesario en primeiro lugar un traballo individual, como o de buscar imaxes para facer o vídeo que logo explicarán en grupos.
Actividade 3: Debuxamos os alimentos. Cada alumno fai os seus debuxos, e será o propio neno quen se encargue de sacar as fotos aos debuxos e subilas.
Actividade 4: Disfrazámonos de alimentos. Divídense en pequenos grupos para elixir os disfraces que máis lle gustan, Crean os disfraces entre todos e crean unha pequena historia en grupo.
Actividade 5: Pirámide interactiva . Os alumnos teñen que facer pequenos grupos, e poñerse de acordo entre eles para saber que alimentos son ou non son saudables.
Actividade 6: Alimentación noutros idiomas. Actividade individual na que os nenos deben relacionar os alimentos coas palabras correspondentes en inglés e francés.
Actividade 7: Cociñamos. Deberase dividir a clase en catro grupos homoxéneos de cinco persoas.
Actividade 8 : Realizamos un menú . Os grupos serán pequenos e os membros elixidos ao azar.
Actividade 9: Aprendemos co vídeo!. Realizarase en grupos pequenos, de tres nenos como máximo.

3.5.8 Papel do alumnado

O alumno debe ter un papel activo e racional na actividade escolar, para que as clases poidan ser o máis fluídas posibles. Debe de ser o protagonista da súa propia aprendizaxe. Dentro da actividade escolar, ten que investigar, descubrir, cuestionar, argumentar, todo isto tendo ao docente como guía, e non como instrutor, é dicir, o papel do docente é acompañar o alumno cara á aprendizaxe. Mediante a comunicación cos seus compañeiros, intercambia opinións e coñecementos, por iso é importante a socialización do alumno dentro da aula. Participa tanto individual coma colectivamente na solución dos problemas. Outra característica moi importante é a creatividade, posto que unha persoa creativa considera outros puntos de vista, busca unha perspectiva máis ampla, de igual xeito búscase unha crítica intelixente, ademais sempre inicia cunha motivación intrínseca e estende ou xeneraliza as situacións.

3.5.8 Papel do profesorado

O profesorado do centro ten a responsabilidade de formar ao alumnado, e sobre todo, de conseguir que o proceso de ensinanza- aprendizaxe se faga da forma máis amena posible. A súa finalidade é que o seu alumnado acade as competencias establecidas no Currículo de Primaria. Polo tanto, o profesor deberá ter en conta as necesidades individualizadas de cada alumno. Poñer metas que poidan alcanzar para evitar a frustración, a desmotivación ou o abandono escolar.
Dito isto, nestas aulas o profesorado deberá ter as seguintes características :
1.         Saber valorar e dispoñer unha comunicación dialógica entre o profesorado e o alumnado. Ademais isto debe darse mediante un proceso horizontal, as persoas deberán coñecerse a uns mesmos, valorar aos demais e autorregular a propia conduta.Realizando o proceso de comunicación de forma que todos somos emisores e receptores aumentamos o enriquecemento e o crecemento tanto do profesorado como do alumnado.
2.         O profesor será un facilitador de aprendizaxe, que ten a responsabilidade que motivar aos alumnos. Así como de axudar a resolución dos conflitos diarios da aula.
3.         O profesorado debe entender y utilizar las TIC en el aula, así como consideralas como una forma más de aprendizaxe.
4.         O docente debe ser consciente de que é un referente como modelo de conduta, e por tanto debe dar exemplo ao alumnado de valores e de ética social.É imprescindible formar no alumnado unha idea de cidadanía baseada na convivencia.
5.         Debe de estar comprometido coa súa formación, a formación inicial non é suficiente. Ten que actualizarse constantemente,xa que a formación permanente implica a autoxestión do aprendizaxe e aprender a aprender.
6.         A observación na aula por parte do profesor, é un aspecto fundamental para coñecer ao alumnado e así poder tratalos de forma personalizada.É necesario que sexa realizada de forma discrecional para lograr que a observación sexa organizada, planificada e estruturada no tempo.Grazas a unha boa observación poderemos coñecer individualmente aos alumnos, polo que eles se sentirán máis cómodos e cercanos.
7.         Será o encargado de avaliar a cada alumno, tendo en conta que non  só importa o resultado, senón que é importante o proceso e a evolución.
8.         Realizará as tarefas mediante grupos cooperativos, para que os seus alumnos aprendan a traballar en grupo e desenvolvan a capacidade de diálogo.
9.         Deberá ser puntual. Respetar ao alumnado e a si mesmo. Mostrar interese e preocupación tanto polo alumnado como pola realidade social na que estes se desenvolvan.

Para concluír, debemos afirmar que o papel do profesorado debe ser de comunicador, mediador, dinamizador e observador de actividades.

3.5.9 Apertura ao contorno (familia-contexto social-cultural):
O noso centro encontrase situado na comarca de Pontevedra, ao lado do Campus Universitario, polo que o contexto local está a pouca distancia entre a cidade e o campo. Polo tanto, conta coas vantaxes dunha cidade peonil e urbanizada á vez que ten as vantaxes de poder ter unha horta , un xardín, unha granxa Grazas a isto, o alumnado poderá gozar e aprender mediante a natureza.
Por outra banda,consta de un contexto social bastante amplo, xa que nel encóntranse nenos de diferentes nacionalidades, diversas relixións e culturas. Polo que os nenos gozarán de un contexto social amplo, grazas ao cal aprenderán contidos das diversas cousas do mundo. O que promociona a tolerancia, e impulsa o traballo en equipo.
No proceso de ensinanza-aprendizaxe é fundamental a participación das familias. No centro faranse xornadas de portas abertas e darase a opción aos pais de poder ir acudir ao colexio sempre que queiran; tanto a aportar ideas, comentarios, suxerencias etc.
Ademais contarase coa axuda e presenza cos país para a realización de actividades, xa que é fundamental a súa participación na escola.


3.5.10 Perspectiva didáctica.
Comezaremos a desenvolver esta competencia en primeiro lugar cun vídeo explicativo sobre alimentación, un vídeo que elixirán eles mesmos a través de distintos medios, como pode ser youtube; isto potencia que os nenos realicen esta actividade máis motivados xa que é algo novo para eles e hai ordenadores de por medio.
Como segunda actividade temos a creación dunha pirámide alimenticia en pequenos grupos, actividade que ten moita relación con outra que consistirá en debuxar alimentos que consideren importantes para a súa saúde e ao rematar, disfrazarse cada alumno do alimento que escolleu. Estas son actividades separadas.
Outra actividade é a alimentación noutros idiomas, fomentando así idiomas como o inglés ou o francés.

3.6 Tarefas e Actividades a realizar

O noso centro conta con plans e proxectos para organizar a actividade educativa, como son o plan de convivencia, que ofrece orientación e axuda para a elaboración, a avaliación e a mellora dos centros educativos.
O plan lingüístico: consiste en que os alumnos deben comunicarse entre eles nos diferentes idiomas que ofrece o centro.
O plan deportivo: para que os alumnos comecen a integrarse e mostren interese pola actividade física e coñezan os diferentes beneficios que ten a práctica deportiva nas persoas.
O plan lector: para promover diferentes tipos de lectura entre os nenos e ao mesmo tempo que melloran na capacidade lectora, tamén melloran a comprensión de textos e o coñecemento das linguas.
O plan TIC: consiste en promover a utilización das novas tecnoloxías da comunicación e da información por parte do alumnado.
O plan de convivencia é importante para que os nenos aprendan a vivir en comunidade e saiban relacionarse de maneira axeitada.
O plan de dinamización da lingua galega: para motivar aos nenos a falar a lingua galega, coñecer a lingua e tamén a cultura, xa que agora cada vez son menos os nenos do contorno Galego que falan o idioma característico da comunidade autónoma.
O plan de actividades complementarias: consiste na realización de diversas actividades que amplíen o aprendido na escola.




1.     Creación e reflexión da pirámide de alimentos

Creamos mediante grupos cooperativos una pirámide de alimentación. Posteriormente buscan en internet imaxes de alimentación as imprimen e as reparten entre os grupos que crean eles mesmos. Entre todos as pegan nas división da pirámide que corresponda con ese alimento. Unha vez feito usan internet para comprobar se pegaron ben os alimentos
2.     Aprendizaxe das enfermidades provocadas pola mala alimentación.
Mediante imaxes de internet crean un vídeo sobre as enfermidades que poden producir una mala alimentación. E posteriormente se reúnen en grupos e deciden como explicarían ao resto da clase o exposto no  vídeo. Despois saen en grupos e explican que farían para cambiar a mala alimentación. Tras un consenso suben ao blog  un cadro no que poñan  o que pensaban antes sobre este tema. E o que pensan agora despois de esa discusión en clase.

3.     Debuxamos os alimentos
Realización de debuxos de alimentación por parte dos nenos, os cales despois serán os encargados de sacarlles fotos aos seus debuxos e subilas ao blog.

4.     Disfrazámonos de alimentos

Taller de disfraces ; buscamos primeiro en grupos ideas en internet sobre disfraces de alimentos. Despois facemos una argumentación de que disfraz nos gusta máis e por  qué. Nas próximas clases realizamos o disfraz elexido entre todos e cunha cámara se graban uns alumnos a outros explicando por que elexiron ese alimento. Despois montas unha historia a través dos disfraces que crearon e a suben ao blog.

5.      Pirámide interactiva
Co taboleiro interactivo poñemos imaxes de diversos alimentos para que os nenos se vaian acercando e dividan este alimentos en saudables e non saudables E posteriormente os arrastren ata o lugar correspondente da pirámide.



6.     Alimentación noutros idiomas
Actividade online de relacionar os alimentos cos seus nomes en inglés e en francés. Despois proxectamos imaxes de alimentos e eles teñen que dicir o nome ou en francés ou en inglés.

7. Cociñamos

Divídese a clase en catro grupos homoxéneos de cinco persoas.O obxectivo desta actividade é que os nenos coñezan os alimentos a través de actividades prácticas. Cada día o profesor planificará actividades. Por exemplo o luns tocará aprender a pelar patacas, o martes a facer ovos fritos e o mércores a facer ensalada.
Primeiro haberá unha clase teórica onde se explicará como utilizar os utensilios sen facerse dano, e explicarase a comida que se vai facer hoxe ademais da cantidade de nutrientes e proteínas necesarias que ten o alimento que se vai cociñar nese día.
Toda actividade ten unhas regras de hixiene que se teñen que cumprir sempre. Por exemplo o uso dun mandil e dun gorro.
Recurso: Para realizar estas actividades, requírese dun espazo amplo e con recursos e materiais apropiados para poder levar a cabo clases de cociña. Como un microondas, un forno, unha neveira... etc, é dicir, unha aula de cociña.

8. Realización de menú
Grupalmente realizar un menú para o seu deportista favorito. Deberán crear un menú equilibrado como  primeiro prato, segundo, sobremesa... Entre ás ideas de cada un tras un consenso, realizará o menú final.
Recursos: Varias pirámides de alimentación e un papel ou soporte sobre o que escribir.

9. Aprendemos cun vídeo
Se lle pide ao alumnado que elixan un vídeo en youtube e  co programa JCLIC  realizase un exercicio de palabras cruzadas. Dentro de esa actividade e do recadro  encontraranse palabras relacionadas co aprendido anteriormente sobre  alimentación .

4. Avaliación do proceso de ensinanza


Recursos: debe haber recursos tanto humanos, para dirixir e axudar na realización das actividades e funcionamento de centro, como materiais adecuados para as diferentes actividades.
Tempos: deben ser flexibles e adaptarse ás diferentes actividades para que se podan realizar no tempo axeitado.
Espazos: deben ser amplos para unha maior comodidade tanto do alumnado como do profesorado. É necesario ter aulas ben equipadas para as diferentes actividades que se queren realizar e deste xeito que resulte más sinxelo desenvolver as capacidades e habilidades dos alumnos.
Principios metodolóxicos: deben adaptarse ao contexto e ás necesidades dos alumnos. Son moi importantes para favorecer ó proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Agrupamentos: deben formarse grupos cun número adecuado de alumnos para que podan realizar correctamente e de maneira fluída as actividades. Os agrupamentos van depender da actividade que se realice. Búscase sobre todo fomentar o respeto entre compañeiros
Papel do alumnado: é o centro da aprendizaxe. Teñen que recibir axuda para desenvolver as súas capacidades e habilidades. Deberán respetar as normas, seguir as indicacións e realizar as diferentes actividades que se lles asignen
Papel do profesorado: debe ser un guía para os alumnos, ten que axudalos no seu desenvolvemento e tamén debe prestar atención ás distintas necesidades de cada alumno.
Apertura ao contorno: débese permitir a participación dos pais pero con certas limitacións.







5.Bibliografía

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

Ley Orgánica 10/2002, de 23 de diciembre, de Calidad de la Educación. BOE

Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE).

Pino-Juste, M., & Mayo, I. C. (2014). Diseño y desarrollo del currículum. Alianza Editorial.